O sabor das margaridas - MABEL RIVERA

Vaya al Contenido

O sabor das margaridas

CINE > 2019
O 22 de Marzo de 2020, domingo, ás 22:00 h. estréouse na TVG a segunda tempada de 'O Sabor das Margaridas'. Producida por CTV,  TVG  e  COMAREX, a serie emitirase pola Televisión Autonómica durante seis semanas consecutivas sendo posteriormente distribuída por NetFlix.
Nesta segunda entrega, abórdase un tema escabroso como é o das tramas de prostitución infantil e o papel que nelas desenvolven certas redes sociais, co consentemento e participación directa de determinados elementos corruptos dos sistemas policial e xudicial.
A psiquiatra Natalia Durán, papel que representa Mabel Rivera, axudará a Eva Mayo, a protagonista da serie, a desentrañar os extraños mecanismos da súa mente. Durante as sesións, as dúas mulleres van establecer ente elas unha relación moi especial, que vai marcar de maneira definitiva as súas traxectorias vitais".

Webmaster Enrique Banet
Regreso al contenido